A Limia será escenario do “Ourense Cidade Termal” de ciclismo esta Semana Santa

A Limia será escenario do “Ourense Cidade Termal” de ciclismo esta Semana Santa

A Fundación Ado Moure-Pro Deporte prepara os catro días desta proba que discorrerá en outros tantos municipios da comarca

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A “Challenge Catro días de Ourense- Ourense Cidade Termal” organizada pola Fundación Ado Moure- Pro Deporte será a primeira das probas da temporada de ciclismo na provincia. As terras da Limia serán o escenario desta carreira que se desenvolverá en catro xornadas, entre o 17 e o 20 de abril.

Os ciclistas percorrerán Xinzo, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Sarreaus e Sandiás, co hipódromo de Antela como saída e meta das tres primeiras probas de 74,2 quilómetros. A cuarta sairá de Sobradelo para cubrir unha lonxitude de 56, e en todas elas os corredores pertencerán ás categorías Sénior, e Master.

Ademais do ciclismo, os amantes dos cabalos tamén terán o seu oco nesta Semana Santa. O Venres Santo o hipódromo de Antela acollerá unha proba hípica.