sábado. 30.09.2023

    A xornada do domingo será recordada pola familia Limiactiva como o día que conseguiron superarse e clasificarse para o Campionato de España de Campo a Través. 

Este pasado día 31 tivo lugar en Friol (Lugo), o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través para as categorías menores, os Campionatos Galegos Cadete e Xuvenil Individual e de Clubes, e a maiores o Campionato Galego de Cross Corto de Clubes para as categorías promesa e absoluta. 

Ata alí chegou a representación da Asociación Deportiva Limiactiva que acadaron moi bos resultados pese a que non contaran con moitos deportistas. O encargado de inaugurar a xornada foi Rodrigo Díaz na proba de alevín masculina cunha distancia de 2.000 metros. A carrerira cadete masculina de 3.500 metros correu a cargo do equipo Campión Provincial composto por Anass Nagihi, Said Abdoum, Pablo Nogueiras e Marco Nube que o deron todo ata o final na busca dun ansiado lugar no podium. 

A mañá estivo chuviosa e Anass e Said viñan arrastrando unha lesión nos úlitmos días, pero nada puido frear a estes atletas que quedaron a só un punto de proclamarse campións galegos. O que conseguiron foi un gran resultado que lles permitiu clasificarse e que os leva a participar nesa proba deportiva que terá lugar no Hipódromo da Zarzuela de Madrid a finais de mes. 

Unha vez máis a xente de Limiactiva demostra que o atletismo na Limia ten un gran equipo detrás e que todos en conxunto conseguen uns resultados óptimos.