Limiactiva 2014/15 está en marcha

limiactiva0
Limiactiva 2014/15 está en marcha

Cunha festa o sábado pola tarde entregábanse os recoñecementos da tempada pasada e presentábase a nova

O pasado sábado, día 15 de novembro, a Asociación Deportiva Limiactiva realizaba o acto de presentación da tempada 2014-2015, na Cervecería Avenida de Xinzo de Limia.

Ó acto estaban convocados os mais de 80 socios que compoñen este clube deportivo, así como empresas patrocinadoras, familiares, amigos e simpatizantes.

A tarde comezou cunhas palabras do presidente da asociación, Óscar Gómez, agradecendo toda a colaboración prestada, tanto pola directiva, socios e patrocinadores, e facendo un pequeno resumo do que foi a temporada anterior e as novidades da 2014-2015.

De seguido, quenda para o patrocinador oficial, Juan Manuel Andrade de Muebles Andrade, que segue unha temporada mais apoiando as actividades de Limiactiva, destacando na súa intervención a unidade e bo ambiente que se vive entre a familia Limiactiva.

Quenda para a presentación dos novos socios empresa, Xinzo Clínica Dental e AVIVA Outdoor Sports Center e dos novos socios, tanto da Escola de Atletismo como do Club de Atletismo e Orientación.

Rematou a presentación coa proxección dun vídeo promocional da asociación e uns pinchos para todos os asistentes.

Limiactiva comeza a súa décima temporada, dende que se fundara no ano 2005. O período de altas de socios aínda esta aberto, e seguen chegando solicitudes tanto na Escola de Atletismo como no resto de seccións.

Os interesados en facerse socios poden enviar un correo electrónico a limiactiva@gmail.com solicitando información das diferentes opción que ofrecen.