Limiactiva comeza a tempada cunha xornada de portas abertas na tarde do xoves

limiactiva
Limiactiva comeza a tempada cunha xornada de portas abertas na tarde do xoves

A Asociación Deportiva Limiactiva comeza o curso e faino cunha xornada de portas abertas á que poderán acudir todos os nenos e nenas nados entre 2000 e 2011. A cita deportiva será na tarde do xoves 15 a partir das 17h.

Limiactiva vai incluír cambios neste novo ano como o deporte de orientación dentro do programa de actividades semanais. Así mesmo tamén se van remodelar as instalacións de adestramento.

Outra das novidades é que van contar para o 2017 cun novo proxecto que consiste en participar na modalidade duatlón escolar.

Os adestramentos comezan neste mes de setembro os xoves ás 17h no Pavillón Municipal de Deportes. Para mais información poden enviar un mail limiactiva@gmail.com ou no teléfono 665936887.