Limiactiva consegue 1015 euros destinados á Federación Española de Enfermidades Raras

limia
Limiactiva consegue 1015 euros destinados á Federación Española de Enfermidades Raras

Os participantes na carreira do domingo venderon os seus quilómetros con fins solidarios

Con máis de 400 inscricións e tempo inestable, así deu comezo a carreira popular que tivo lugar o pasado domingo en Xinzo de Limia. Unha cita deportiva para moverse poloas enfermidades raras.

Unha cadea solidaria á que se uniu Limiactiva a través seus atletas que puxeron á venda os quilómetros previstos para esta proba do domingo. Finalmente co apoio da xente conseguiron recadar 1015 euros que teñen como destino a creación de becas de investigación supervisadas pola Federación Española de Enfermidades Raras.

A xornada quedou inaugurada coa carreira infantil e cadete, cun percorrido de 2.300 m. Os vencedores foron Álex Dominguez (C. A. Fontes do Támega) e Miriam Cerdeiriña (C. A. Fontes do Támega) en categoría cadete, e Gabriel González (C. A. Fontes do Támega) e Adriana García(C. Afiauto Verín) en categoría infantil.

A carreira benxamín e alevín comezou algo máis tarde do previsto por mor do mal tempo pero finalmente tivo lugar coas vitorias de Javier Malingre (Ourense) e Emma Argibay (O Pino) en categoría alevín, e Miguel Carbajales (Club Ourense Atletismo) e Carmen Castillo (Xinzo de Limia) en benxamíns.

A carreira absoluta con preto de 250 participantes foi a seguinte proba que se celebrou. O triunfo foi para Rubén Diz (Gimnastica de Pontevedra), seguido de Luis Iglesias (C. A. Arenteiro) e Saturnino González(Veteranos Ourense).

En mulleres o primeiro posto foi para Sonia Teijeiro (Veteranos Ourense), acompañada por Vicky Losada (Ourenrunning-Coolsport) e Marina Losada (Ourenrunning-Coolsport).

Por primeira vez, a organización daba a opción de participar nunha proba de relevos, con equipos mixtos formados por dúas mulleres e un home, que tiñan que completar unha volta cada un ó circuito de 3,3 km. O equipo gañodor foi para Correcaminos (Alba, Ziad e Miriam) seguido por 2fast1furious (Ángeles, Ángel e Victoria) e Los Flash (Laura, Erik e Leticia).

A carreira de Pitufos pechaba a xornada con preto de 30 cativos que participaron sen ter en conta o mal tempo da xornada.

En canto o podium dos atletas locais, os gañadores foron Roberto Feijoo (A. D. Limiactiva), Francisco Rodríguez (Burgas Atl. Ourense) e Xulio Marra en homes e para Aurora López (Vigorunners), María Asunción Caneda e Marta Ferreiro (A. D. Limiactiva) en mulleres.

O premio para o atleta mais veterán foi de novo para Manuel Fernández Ledo (81 anos) e o do máis novo recibiuno Martín Losada (19 meses).

O acto rematou coa entrega de medallas de man do concelleiro de deportes de Xinzo de Limia.