Limiactiva organiza unha proba de orientación para a tarde do sábado

orientacion
Limiactiva organiza unha proba de orientación para a tarde do sábado

A inscrición está aberta ata o venres pola mañá

A Asociación Deportiva Limiactiva prepara a primeira proba de orientación de 2016. Terá lugar o sábado ás 17.30h no pavillon de deportes de Xinzo de Limia e está composta por dúas probas. Unha delas con luz, consistirá nun laberinto disposto por todas as instalacións, incluídos os vestiarios, por onde se disporán as balizas de orientación. A segunda terá lugar a partir das 19h e será unha proba a escuras para a que se modificará o percorrido. Nesta última é preciso que os participantes leven un frontal ou unha lanterna.

A inscrición debe facerse no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1tZaYBlbNJ31Yip5b1vk95GTd2ckU0zppy2-_kc_nEmw/viewform?c=0&w=1 .

O prazo para anotarse é ata o venres ás 12h. Para os adultos ten un custo de 3 euros, no caso de nenos é de balde.

Con esta actividade Limiactiva comeza unha serie de 6 ou 7 probas de orientación que están programadas para levar a cabo durante este ano.

Para máis información poden consultar a páxina da asociación.