Limiactiva presenta nova tempada

ACTO PRESENTACION
Limiactiva presenta nova tempada
A asociación de atletismo organizou unha festa a pasada fin de semana na que estiveron estiveron presentes patrocinadores e deportistas REDACCIÓN Comeza a...

A asociación de atletismo organizou unha festa a pasada fin de semana na que estiveron estiveron presentes patrocinadores e deportistas

REDACCIÓN

Comeza a tempada 2013/2014 para os atletas limiaos da man de Limiactiva. A asociación deportiva fundada en 2005, dáballe á benvida ao novo ano de traballo, cunha festa a pasada fin de semana, á que non faltaron nin os deportistas nin os patrocinadores.

Nesta celebración, os mellores atletas da tempada pasada recibiron o seu merecido recoñecemento e tamén se contou coa intervención dalgún dos patrocinadores. Entre aqueles que axudan coa súa aportación a que esta iniciativa funcione acudiron ao acto, o responsable da Concellería de Deportes Luis Miguel Gil, e os representantes de La Caixa ou Muebles Andrade.

Limiactiva, con Óscar Cid á batuta, traballa para consilidar a práctica do atletismo e do deporte en xeral entre a poboación da comarca. Confórmana máis de 80 socios, que participan en máis de 80 competicións anuais, nos ámbitos provincial, autonómico, nacional e internacional. E a día de hoxe poden estar orgullosos de que "un deporte minoritario coma o atletismo goze de tanta repercusión na Limia".