Limiactiva presenta a nova tempada

limiactiva
Limiactiva presenta a nova tempada

Na cervecería Avenida as 18:00 do sábado día 15

A Asociación LIMIACTIVA vai presentar nunha festa organizada como todos os anos , a todos os seus deportistas de atletismo e orientación de cara a tempada 2014/15.

O acto comezará co saúdo do presidente da asociación a tódolos presentes para agradecerlle ós atletas a súa participación no club, ademais de presentar ós novos socios.

Despois farase entrega dos premios do Ranking 13-14 para rematar cunha proxección dun vídeo cos mellores momentos vividos na tempada anterior e despedir o acto cunha invitación de pinchos a todos os presentes.