3 de junio de 2014, 1:09
Despois de disputar o campionato de España en Madrid o atleta enfrontouse en Pontevedra aos mellores nesta disciplina
DAVID CARNERO
Twitter: @DAVIDCARNERO
Este ano no campionato do mundo de duatlón tiñamos unha representación limiá, Alberto González Gil , o atleta limiao despois de disputar o campionato de España a semana pasada en Madrid desprazouse a Pontevedra para disputar o campionato do mundo de duatlón. Na proba o atleta limiao quedou campión do mundo na súa categoría, así como a consecución do posto número 14 na categoría elite. ENHORABOA A ALBERTO GONZÁLEZ GIL.