O limiao Rubén Diz gaña a carreira que se celebrou no Campus de Ourense

ruben
O limiao Rubén Diz gaña a carreira que se celebrou no Campus de Ourense

Rubén Diz foi o líder máximo da cuarta carreira do circuito de probas populares "Correndo por Ourense". A cita deportiva tivo lugar na xornada do domingo e transcorreu pola zona universitaria da cidade das Burgas.

O atleta de Xinzo quedou primeiro tras 20´47" de carreira. Diz e Sonia Teijeiro convertéronse nos líderes da clasificiación provisional desta competición. Participaron un total de 1.400 persoas repartidas en catro categorías.

Rubén terá agora que agardar as seguintes probas que quedan, unha o domingo 25 deste mes en A Ponte, a seguinte será o 23 de outubro en A Carballeira. Logo destas últimas dúas citas comprobaremos se o deportista da Limia se converte no triunfador máximo do circuito.