Lourdes Mohedano ximnasta internacional da selección española estará en Xinzo

lourdes aro
Lourdes Mohedano ximnasta internacional da selección española estará en Xinzo

O día 19 de xaneiro para impartir unha "Master Class" no pavillón de deportes

O Club EDC Xinzo de Limia abriu o prazo de inscrición para a Master Class que levará a cabo a ximnasta internacional da selección española.

Poderán participar na master class con Lourdes Mohedano tódalas ximnastas que o desexen, maiores de 7 anos,aínda que haberá prazas limitadas.

Co obxectivo de poder sacarlle o máximo partido a Master Class, @s ximnastas de 7,8 e 9 anos, para poder inscribirse, deberán estar acompañados por un/unha adestrador@, que tamén deberá realizar a correspondete inscrición.

Os adestradores e adestradoras teñen prazas gratuítas ilimitadas coma oíntes, sempre que traian polo menos a dous/ dúas ximnastas inscritas cada un/unha, cun máximo de dous/dúas adestrador@s por club.

Poden ser tamén profesor@s de ballet e/ou licenciadas e estudantes de INEF ou similares. Os ximnastas e ximnastas deberán presentarse con roupa de adestramento e cos seus propios aparatos: corda, aro, pelota e mazas. Cada club que o desexe terá a opción de participar na exhibición final, compartindo tapiz con Lourdes Mohedano, avisando ao club organizador con antelación de dita participación.

INSCRICIÓN: Para formaliza-la inscrición deberase cubrir o formulario de inscrición na web www.deportesxinzodelimia.com e enviala a dirección de email ximnasia.xinzo@gmail.com a seguinte documentación:

Copia do xustificante de ingreso.

Autorización para publicar imaxes debidamente cumprimentada e asinada.

PREZO E PRAZO DE INSCRICIÓN:

A cota de inscrición será de 25 euros (25€) para @s integrantes do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia e de 40 euros (40€) para @s ximnastas de outros clubs (inclúe asistencia á Master Class, camiseta de adestramento, diploma e un pequeno lunch que constará auga e froita).

O ingreso realizarase no seguinte número de conta a nome do Club Escolas Deportivas Xinzo de Limia, indicando no concepto

nome e apelidos da persoa que se inscribe na Master Class (IMPORTANTE).

ABANCA: ES80 2080 0410 9630 4002 0066

O prazo de inscripción remata o 28 de decembro de 2019