Luís M. Gil volveu ao "banquillo" como xogador

IMG_20191020_200015
Luís M. Gil volveu ao "banquillo" como xogador

O tempo libre e moito

No terceiro partido da liga de baloncesto Sénior o equipo do A.B. Xinzo enfrontábase na súa cancha a un dos favoritos do torneo,o Valenzá.

Ata mediados do cuarto tempo os de Xinzo parecía que tiñan un pouco de posibilidades de facerlle fronte a escuadra de Barbadás chegando a estar a falta de 4 minutos e medio a tan solo nove puntos 46-55. A partir dese momento a escuadra dos da Limia viuse superada polos da Valenzá rematando o partido perdendo por 21 puntos de diferenza.

Pero nesta ocasión a noticia estaba no banco dos limiáns no que debutaba como xogador outra vez despois de estar moitos anos afastado da práctica efectiva do baloncesto o ex -concelleiro de deportes Luís M. Gil. Dicimos afastado da practica activa posto que segue de adestrador dun dos equipos femininos das categorías inferiores do club acadando trofeos e bos resultados, tanto na liga regular como en torneos internacionais.