Máis de 500 participantes no III Memorial Toñito Maestro de Xinzo

Toñito maestro 2017
Máis de 500 participantes no III Memorial Toñito Maestro de Xinzo

A terceira edición deste torneo celebrarase nas instalación deportiva municipais da Moreira este sábado 16.

Este sábado, día 16 de setembro, terá lugar o III Memorial Toñito Maestro de fútbol 8. A terceira edición deste torneo celebrarase nas instalación deportiva municipais da Moreira e terá tres categorías: alevín, benxamín e prebenxamín.

Este evento acollerá en Xinzo de Limia a máis de medio milleiro de participantes.

No campionato daranse cita un total de trinta equipos pertencentes a unha decena de clubes deportivos de toda a provincia de Ourense. Xa que logo, este evento acollerá en Xinzo de Limia a máis de medio milleiro de participantes, que xogarán case sesenta partidos.