Mais de cincocentos inscritos nas actividades deportivas das distintas escolas deportivas en Xinzo

oferta deportiva
Mais de cincocentos inscritos nas actividades deportivas das distintas escolas deportivas en Xinzo

A cifra é aínda máis alta das que se rexistraban antes da pandemia, pola cantidade de disciplinas que se imparten, non só fútbol e baloncesto senón tamén artes marciais, deportes de raqueta, zumba ou capoeira

Nin en tempos anteriores á pandemia se recordaba tanto interese por participar nas actividades deportivas e lúdicas que oferta o Concello de Xinzo a través dos diferentes clubs e asociacións. Non é de estrañar a xulgar pola ampla oferta de disciplinas que van máis alá do fútbol e baloncesto e que, para os máis pequenos, abarcan tamén bádminton, atletismo, natación, capoeira, pádel, tenis, karate, educación física de base, ximnasia rítmica, zumba ou capoeira. A dez días de que remate o prazo para presentar as solicitudes para todas estas actividades saudables, xa hai preto de medio millar de nenos e nenas anotadas, ademais das case 200 inscricións da piscina climatizada.

A aoferta deportivalcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, visitou esta mañá, acompañada do concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, as pistas de tenis e pádel emprazadas nas inmediacións das piscinas exteriores e que foron recentemente renovadas. O edil destacou o gran interese das familias polas actividades deportivas e lúdicas: “Aínda hai máis inscricións que anos antes da pandemia, o que demostra que os veciños apostan polo ocio seguro e que a oferta é variada e atractiva”. Penabad tamén anunciou que o Concello instalará un tatami no pavillón polideportivo para facilitar a práctica de actividades como o karate ou a capoeira.
Os interesados en inscribirse poderán facelo ata o día 4 de outubro a través do enlace que se está a difundir nas redes sociais do Concello ou escaneando o código QR dos carteis informativos. Neles detállase a idade dos nenos á que se dirixe cada actividade e incluso preséntanse outras para adultos, como é o caso da ximnasia de mantemento ou o aeróbic-zumba. Ademais, estanse programando andainas para o público en xeral.
Tamén cómpre destacar que, co fin de darse a coñecer, a Escola de Ximnasia Rítmica ofrece xornadas de portas abertas durante o mes de setembro no pavillón de deportes para nenos nados no 2016 e anteriores.