Máis dun cento de nenos participaron no Campus de Verán

Campamento1
Máis dun cento de nenos participaron no Campus de Verán
Organizado polo concello de Xinzo para promover e favorecera co nciliación e o ocio seguro

Un total de 110 nenos participaron ao longo do mes de xullo no Campus de Verán que promoveu o Concello para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares e promover alternativas de ocio seguro. Houbo dúas quendas nas que os rapaces tiveron ocasión de participar, con todas as medidas de seguridade, en xogos de orientación, senderismo, tenis, olimpíadas, piscina e diferentes obradoiros, entre outras propostas.

Campamento8Campamento7