Os máis pequenos do A.B Xinzo si responden

BENJAMIN masc
Os máis pequenos do A.B Xinzo si responden
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Unha nova xornada de competición para este terceiro fin de semana do mes de xaneiro, onde cabe destacar as...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Unha nova xornada de competición para este terceiro fin de semana do mes de xaneiro, onde cabe destacar as victorias das categorias máis pequenas do clube de baloncesto da limia.

A xornada comezou o venres 17 co desprazamento dos equipos alevín masculino (adestrado por Luis Miguel) e do benxamín femenino (comandado por Gabi e o seu axudante Óscar), os cales tiveron que desprazarse á capital da provincia. O alevín masculino acadou a victoria contra o equipo do Divino Maestro por un contundente 23 a 68 a favor do equipo limiao. Pola outra parte, o equipo benxamín femenino conseguiron unha apretada victoria contra o ADO, por 31 a 36.

A xornada continuou o sábado 18, ca disputa dos partidos como locales, do benxamín mixto (adestrado por Isa) obtendo a victoria contra o equipo de San José por 35 a 20, e do benxamín masculino (dirixido por Andrés), colleitando unha victoria aplastante por 68 a 23 contra o Bosco.

A xornada do A.B Xinzo continuou co desprazamento do equipo senior á dificil pista do BCO Aceites de Abril Bosco. O partido foi moi disputado, sen acadar grandes ventaxas a favor por parte de ningún dos equipos ó longo do encontro, obxetivo que tiña moi claro o adestrador Gonzalo para ter opcións a hora de acadar a victoria. O partido decidiuse ó final polo acerto no tiro exterior por parte do equipo local. A pesar da derrota, 64 a 58, o adestrador do conxunto limiao, destacou a gran labor do seu equipo e sentiuse desilusionado por non acadar a victoria frente a un equipo de gran nivel.

Para rematar, o equipo infantil femenino que dirixe Oscar, desprazouse ó colexio de Salesianos de Ourense, onde cosechou unha derrota frente ó Bosco por 134 a 22. Por outra banda, o equipo infantil masculino que dirixe Migui, desprazouse ata a vila veciña de Verín, onde perderon por 51 a 30. Xa na xornada do domingo, o equipo cadete femenino que dirixe Manolo recibiu a uns dos equipos punteiros da provincia en canto a baloncesto femenino se refire, como é o de Carmelitas. O partido acabou con victoria visitante por 21 a 46.