Mal comezo de liga para os equipos limiaos da 1ª Autonómica

Clasificación 1ª jornada 1ª Autonómica Grupo 4
Mal comezo de liga para os equipos limiaos da 1ª Autonómica
Repasamos a pasada xornada dos conxuntos da comarca, nas divisións rexionais REDACCIÓN A liga comezaba o domingo para os equipo de Primeira...

Repasamos a pasada xornada dos conxuntos da comarca, nas divisións rexionais

REDACCIÓN

A liga comezaba o domingo para os equipo de Primeira Autonómica. E con derrota iniciou o Boado a súa nova andadura como equipo de Primeira, caeu fronte ao Monterrei no Rozavales por 1 a 2.

Conto parecido foi o que lle sucedeu ao Antela F.C., quen tamén perdía, pero en campo forasteiro, por 1 a 0 contra o Verín. Ben é certo que o campionato acaba de empezar, e que aínda hai moitos encontros por disputar, pero os equipos limiaos non comezan o curso con moi bo pé.

Tras a primeira xornada de liga, o pasado domingo día 1 de setembro, a clasificación do Grupo 4 da Primeira División Autonómica queda desta maneira:

Segunda Autonómica

A pasada fin de semana deu comezo tamén a Segunda Autonómica, na que atopamos tres conxuntos da Baixa Limia: Bande, Muíños e Entrimo. Os tres iniciaron a liga fora da casa, e sen ningunha derrota.

O Bande venceu ao Xunqueira o sábado, por 2 goles a 4. Muíños e Entrimo empataron con Viana e Sande respectivamente, por 2 a 2 e 1 a 1.

Así está a clasificación do Grupo 10 da Segunda Autonómica: