jueves. 11.08.2022
Fútbol

Mañá terán lugar as finais da Copa Deputación de fútbol sala

Na categoría senior masculino haberá presenza local.

IMG_20170615_202319

Mañá domingo, día 18 de xuño, terán lugar as finais da Copa Deputación de Fútbol Sala en Xinzo de Limia.Todas elas se celebrarán no Pavillón Municipal da capital limiá. 

Na categoría senior masculino haberá presenza local. O equipo Óptica Prieto P. Tinto F.S. enfrontarase a Os Peares F.S. ás 19:30 horas. Os xogadores e o corpo técnico animan ao público limián a asistir a esta cita para apoiar aos seus.

IMG-20170616-WA0010