Medalla de prata fixa e posibilidade de ouro este fin de semana para os infantís do A.B.Xinzo
Onte a noite e contra prognostico venceu en Ourense ao COB, co que mañá xogará a final do campionato no “Pacito de Ourense ás 12:00. Como anécdota dicir que o equipo do COB estaba adestrado polo fillo do adestrador do Senior de Xinzo, Toni Ladra.

Pero este fin de semana tamén vai a ser importante no baloncesto de Xinzo. Esta tarde o equipo Sénior Masculino xóganse o ascenso a liga Galega nun partido que os enfrontará ao Val de Lemos, no primeiro partido de ascenso, tendo tamén como rivais ao Rias Baixas e Porto de Vigo. Destes catro, o campión ascenderá a 2ª galega.
Entre o fin de semana pasado e este as distintas competicións onde ten equipos o A.B.Xinzo están a rematar a liga regular e comezar as fases de ascenso ou ben comezarán xa a Copa.

JUNIOR FEMININO, comezan xa a fase de ascenso onde terán como rivais o Seis do Nadal, Baiona e Vilagarcía. O primeiro será esta mesma tarde contra o seis de Nadal en Vigo.