Medalla de prata con sabor a ouro
2 minutos e un so punto lle sobraron aos infantís do A.B. Xinzo
Esta mañá, no Paco Paz, o lugar das grandes xestas do baloncesto de Ourense o equipo dos infantís masculino do A.B. Xinzo estivo a punto tamén de ser a cancha talismán para os de Xinzo.

O equipo limiá enfrontábase ao Blanco Amor de Ourense, que había gañado os dous partidos da liga regular, pero que despois da proeza de onte, onde os rapaces venceron ao COB, contra prognostico, tiñan a moral moi alta e case conseguen o primeiro posto na final.
Durante moitos minutos do partido estiveron por diante ata de 12 puntos, pero faltando tan solo 2 minutos para o final e estando por diante de 9, perderon esa vantaxe, froito dos nervios e de atoparse nunha situación inédita, pero que lles servirá no futuro para próximas finais.
A medalla de prata que se colgaron ao peito unha vez rematado o partido para os de Xinzo ten a cor do ouro.
Moitos foron os seguidores que animaron ao equipo de Xinzo entre, os que se atopaban a alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro Manolo Pérez, que non quixeron perderse o acontecemento.
