Medallas para os rapaces limiáns tamén en "minitramp" e "tumbling"
00:56 30/05/17
00:56 30/05/17
Ademáis de en Ximnasia tamén houbo presenza limiá na Copa Deputación nas modalidades de "tumbling" e "minitrump".
En "minitramp", o limián Eduardo Montero alzouse co primeiro posto na categoría de prebenxamín masculino. No benxamín feminino o podio tamén levou aroma de Xinzo cun ouro para Emma Enríquez e unha prata para Cíes Martínez.
Na especialidade de "tumbling", Eduardo Montero levou o bronce en benxamín.
Deixando o nome de Xinzo de Limia e as súas Escolas Deportivas Municipais ben alto!