Nove medallas para as ximnastas de Xinzo

Clube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia
Nove medallas para as ximnastas de Xinzo

Excelente resultado do clube Escolas Deportivas do Concello

Na pista central do Paco Paz de Ourense disputouse a Copa Deputación de Ximnasia 2016.

Elí estiveron competindo todos os clubes da nosa provincia, acadando un excelente resultado o Clube Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia conseguindo medalla en 8 das 12 categorías disputadas, cun total de 9 medallas. Seis (6) en competición individual (prata iniciación, prata e ouro prebenxamín, prata benxamín, ouro alevín e ouro infantil) e 3 en conxuntos (ouro iniciación, bronce prebenxamín e ouro alevín). Sendo o clube con mellor palmarés nesta edición da Copa.

Ademáis hai que sumar dúas medallas máis na modalidade de trampolín que onte tamén se celebrouno no Paco Paz. Unha de bronce na categoría iniciación feminina e outra de plata en iniciación masculina.

Sandra

Segundo di o Concelleiro de Deportes \“Estanse a recoller os frutos da aposta feita fai cinco anos por Sandra Alén para dirixir a ximnasia limiá\”, Nestes anos pasouse de pouco máis de 20 nenas, a un clube de case 130 ximnastas. Con varios campionatos provinciais as costas e participacións no Campionato Galego.

Nestor e Heidi son os outros monitores que traballan baixo a tutela de Sandra na formación dos nosos e nosas ximnastas