Mellora física e estética das pistas polideportivas

Mellora pistas deportivas
Mellora física e estética das pistas polideportivas

O Concello de Xinzo ultima o acondicionamento das pistas de tenis e baloncesto, que pintaranse de vermello e mellorarán a súa estética

O Concello de Xinzo de Limia está levando a cabo unha nova actuación para favorecer o ocio ao aire libre. Nos últimos días ultima a limpeza e o pintado das pistas de tenis e baloncesto emprazadas no entorno das piscinas municipais. Nos dous casos, e despois de varias probas, escolleuse o vermello como cor principal, co que mellorarán considerablemente a súa estética. No caso da pista de baloncesto, esta cor combinarase co gris para delimitar os diferentes espazos da cancha. A intención do executivo local é que os traballos rematen nuns poucos días. Unha vez finalizadas as tarefas de limpeza, o pintado podería rematarse en menos dunha semana.