Merecidísima recompensa para os infantís do Antela

Infantís Antela
Merecidísima recompensa para os infantís do Antela
O equipo ao completo desfrutou dunha animada comida como premio á súa vitoria por 4 a 1 fronte o Verín REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter:...

O equipo ao completo desfrutou dunha animada comida como premio á súa vitoria por 4 a 1 fronte o Verín

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Os vinte e dous pupilos de Sergio, os rapaces do equipo infantil do Antela, desfrutaron a semana pasada dunha marabillosa comida como premio á súa vitoria por 4 a 1 fronte ao Verín.

 A iniciativa partiu do propio adestrador, que ademais de querer agasallar aos rapaces polos seus bos resultados, busca tamén facer máis “piña” entre os pequenos, que deben agora prepararse para a fase de ascenso.

A día de hoxe os infantís do Antela son segundos do seu grupo polo que teñen, de continuar co marabillosa tempada que están facendo, moitas papeletas para ascender.