Moi mala tarde meteorolóxica e moi bo resultado na Moreira

Antela 27.11.22
Moi mala tarde meteorolóxica e moi bo resultado na Moreira

O Antela gañoulle ao líder da clasificación

Máis de 480 afeccionados achegáronse ata a Moreira, nunha tarde moi moi mala, climatoloxicamente falando, pero que ao final o resultado foi moi positivo para os branquinegros.

Na primeira parte dominou claramente o equipo visitante, con algunhas oportunidades de marcar, pero quedando o marcador a cero.

Na segunda, xa se igualaron máis as forzas e nunha contra pola dereita Yoni centra a Guede, quen se encargou de levar o balón as mallas contrarias, subindo ó marcador o primeiro e definitivo gol do partido.

Con estes tres puntos o Antela sube ata o sétimo posto da clasificación xeral a tan solo 3 puntos do líder, precisamente o Xuvenil.