Xinzo acolle o II Memorial Toñito Maestro de fútbol 8

maestro
Xinzo acolle o II Memorial Toñito Maestro de fútbol 8

O Concello de Xinzo de Limia e o club EDC Xinzo organizan o II Memorial Toñito Maestro de fútbol 8. A cita deportiva será o sábado nas instalacións de A Moreira e de José Antonio Fernández Carrera a partir das 9.30h.

En total van participar 22 equipos do Pabellón C.F, ED Verín, ED Barbadás, ED Celanova e EDC Xinzo, nas categorías de Alevín, Benxamín e Prebenxamín.

O xantar terá lugar no comedor escolar do C.E.I.P Rosalía de Castro.

Ademáis de fútbol haberá hinchables, agasallos e sorteos.