Móvete! As escolas deportivas limiás póñense en marcha

cartel actividades 13-14
Móvete! As escolas deportivas limiás póñense en marcha
Hai ata dezasete actividades diferentes para escoller, e oferta para tódalas idades REDACCIÓN Chegou a hora de volver a mover o esqueleto...

Hai ata dezasete actividades diferentes para escoller, e oferta para tódalas idades

REDACCIÓN

Chegou a hora de volver a mover o esqueleto e retomar,ou iniciar, ás prácticas deportivas. Con este fin, as escolas e asociacións deportivas do Concello de Xinzo de Limia poñen á disposición dos veciños ata dezasete actividades diferentes, a través das cales manter a forma, a saúde e por suposto pasalo ben.

O próximo martes 17 abrirá a inscrición para as escolas deportivas municipais. Será a hora de iniciarse no baloncesto ou fútbol sala, para os nados en 2007, e de achegar aos máis pequenos aos hábitos de vida saudable coa iniciación deportiva para os cativos nacidos en 2008. O Concello oferta tamén cachibol para os maiores de 60 anos e ximnasia de mantemento, luns martes e xoves ás 10.30 horas.

Desde a Concellería de Deportes poñen tamén a disposición dos limiaos a piscina climatizada, onde se impartirán clases de natación para tódalas idades e niveles así como matronatación, no que se prepara ás futuras mamás para o parto, luns, mércores e venres ás 10:15 horas, ademais  de aquagim, martes e xoves as 21:15 horas. Nas mesmas instalacións da piscina terán lugar luns, martes e xoves ás 19:30 e 20:30 sesións de aeróbic e pilates, este último só martes e xoves a partir das 16:30 horas.

Por se isto fose pouco, tódalas asociacións deportivas limiás poñen á disposición de quen estea interesado unha morea de actividades. Desde o fútbol no Antela F.C., o baloncesto na A.B. Xinzo ou o sendeirismo de Sendalimia. Así mesmo, ofrecen clases de kárate no Club Kárate Espolón e tamén na Fundación Cipri Gomes, onde é posible ademais, aprender kickboxing ou defensa persoal. Pero se o que che interesa é o atletismo ou o bádminton tamén tes no Concello unha asociación á que acudir, nesta caso á Limiactiva ou o Independiente Bádminton Club, respectivamente. Os afeccionados á ximnasia rítmica, ao tenis ou á equitación encontrarán o seu sitio no C.E.D. Xinzo, no Clube Tenis Xinzo e no Club Deportivo Ecuestre de Ourense.

A oferta é ampla e para todos os gustos,así que acabáronse as escusas. Móvete!