Tres mozos de A Limia dispostos a conquistar o podio da Gladiator Race

chicos
Tres mozos de A Limia dispostos a conquistar o podio da Gladiator Race

A carreira de obstáculos terá lugar o sábado en Pontevedra

Francisco Javier Fontelo, Alberto Morgade e Roberto Gómez van coas pilas cargadas para participar na segunda edición da Gladiator Race. Trátase dunha carreira de obstáculos con moito deporte, aventura e competición. A primeira edición celebrouse en xuño deste ano en Santiago de Compostela. Tras o éxito que tivo, decidiron convocar unha segunda edición desta volta en Pontevedra. Máis de dúas mil persoas están anotadas e entre todas elas están estes tres rapaces da Limia.

Por diante deberán enfrontarse a un circuíto de oito quilómetros con 28 obstáculos. Algúns deles consisten en probas de equilibrio, subir por redes ou mesmo saltar lume e pasar polo barro. Dende a organización sinalan que as persoas que non poidan superalos deberán cumprir unha penalización que consiste en facer 20 flexións con salto. A Gladiator Race comeza as 12h da mañá e cada 20 minutos irán saíndo grupos de 180 corredores.

Javier, Alberto e Roberto levan canda menos tres meses entrenando. As súas espectativas son chegar á meta o máis dignamente posible, como eles manteñen, e pasar un día de deporte e aventura en boa compañía. Tiñan ganas de experimentar novos retos e pareceulles que a Gladiator Race era unha boa forma de empezar. Con ilusión e moita enerxía ,así se van presentar mañá en Pontevedra e si ganan, logo dunha boa celebración, queren prepararse para retos maiores.