martes. 30.05.2023

Muíños reunirá este sábado a 470 deportistas no Campionato Galego de Inverno de novas promesas en K2-C2

A proba, que terá lugar no complexo deportivo O Corgo, suma unha inscrición de 34 equipos galegos e 236 embarcacións pertencentes ás categorías cadete e infantil

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) presenta o Campionato galego de inverno Xoves Promesa, categorñia K2-C2, a disputarse no Complexo Deportivo o Corgo (Muiños - Ourense) o próximo 18 de febreiro de 2023. Tamén participan na presentación Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde de Muiños), José Alfredo Bea García (Presidente da Federación Galega de Piragüismo) e Manuel Pérez González (Xefe do servizo de deportes da Xunta en Ourense).
Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde de Muiños), Manuel Baltar(Pte. Deputación) ,José Alfredo Bea García (Presidente da Federación Galega de Piragüismo) e Manuel Pérez González (Xefe do servizo de deportes da Xunta en Ourense).

O complexo deportivo O Corgo, no concello de Muíños, será este sábado 18 de febreiro o escenario do Campionato Galego de Inverno de novas promesas en K2-C2, organizado pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta proba na sala de prensa do Pazo Provincial acompañado polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; e o xefe provincial do servizo de Deporte da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

O campionato celebrarase entre as 10,30 e as 14,30 horas do sábado 18 de febreiro e conta cunha inscrición de 34 equipos, 236 embarcacións e 472 deportistas, todos eles pertencentes ás categorías cadete e infantil. As novas promesas do piragüismo galego en modalidade K2-C2 percorrerán unha distancia de 3.000 metros.

Muíños reunirá este sábado a 470 deportistas no Campionato Galego de Inverno de novas...