Nin a chuvia nin o frío puideron coa proba dos 10Km

IMG_5867
Nin a chuvia nin o frío puideron coa proba dos 10Km

Os máis cativos foron os que tiveron o peor tempo

Con puntualidade británica os xuíces deron a saída as diferentes probas que compoñían a carreira popular de Xinzo que hoxe se celebrou polas rúas da vila a partir das 10:40.

A primeira delas con mais de 200 participantes era a que dende o ano pasado está homologada pola federación correspondente como unha das das máis senlleiras carreiras de 10Km, posto que todos eles son por asfalto e sen ningún desnivel.

AS DOCE TOCOULLE AOS CADETES, INFANTIS…

Para as doce tiña a saída das probas , xa con máis curto percorrido, adaptado as súas idades , nas categorías infantís, alevins, cadetes, benxamín e prebenxamín que tomaron a saída preto da unha cando o frío era maior e a chuvia non deixaba de caer. Pero os mais cativos fixeron o seu percorrido entre os aplausos do moito público que naquela hora se acercara ata as inmediacións do pavillón polideportivo, onde se atopaban as intendencias das probas, e ondea o final houbo que levar a entrega de premios por mor da chuvia.

IMG_5914IMG_5906IMG_5899Instantánea - 143