Ninguén quixo perder o paso da volta ciclista por Xinzo de Limia

bici 2
Ninguén quixo perder o paso da volta ciclista por Xinzo de Limia

Os mellores sitios da Praza Maior de Xinzo estaban collidos dende media mañá. Moitos foron os que esperaron ata dúas horas para ver pasar o pelotón de ciclistas pola vila nesta estapa 7, a última que atravesaba Galicia.

A expectación foi máxima ata que logo de tempo de espera, arredor das 14.45 chegaban os primeiros ciclistas que foron recibidos entre aplausos.

bici 1

Case 5 minutos fixeron falla esperar para que aparecesen os resto de equipos que formaban o pelotón da volta ciclista. Berros de ánimo e máis aplausos para todos os equipos que continuaron rodando pola N-525.

bici 3

Ás 17.53h finalou esta etapa 7 entre Maceda e Puebla de Sanabria co belga Jonas Van Genechten como gañador.

bici 4

Foi unha carreira que rematou cunha caída a poucos metros da meta na que se viu implicada o español Alberto Contador.