Non puido ser, outra xornada máis

Antela 30.10.22
Non puido ser, outra xornada máis

O Antela perdeu na casa contra o Valladares 0-2

Antes do comezo do partido o adestrador local Óscar Sabucedo recibiu o trofeo de mellor adestrador da tempada pasada.

POUCAS OCASIÓNS PARA O LOCAIS

313416502_532664278869105_4938523582669629420_n
Óscar Sabucedo recibindo o premio

Poucas foron as ocasións que os xogadores do Antela tiveron ao longo do partido cun Valladares moi defensivo, sobre todo despois de que o seu lateral dereito marcara o primeiro gol para aos visitantes cun tiro pola escuadra. Despois deste gol os visitantes fixeron un cambio para reforzar a defensa, cousa que lograron ata que nunha contra lle encaixaron ao Antela o segundo e definitivo.

A partir dese momento todo foron “ataques sen cabeza”, que non lograron reducir a vantaxe dos visitantes que se levaron os tres puntos.

Varias tarxetas para os nosos froito da desesperación a que estaban sendo sometidos polo equipo contrario. O árbitro pasou bastante desapercibido, cousa boa, a excepción dunha polémica man na área contraria estando 0-1 que podería darlle un pouco a volta ao partido, pero que o do chifre non percibiu.

MOITOS AFECCIONADOS

Ata o campo da Moreira achegaronse 285 xiareiros, record no que levamos de tempada.

Para a semana visita ao Vilalonga que se adoita outro partido dificil, pero como manifesta o responsable de comunicación, como todos os de esta categoría.