Non puido ser, no tempo de desconto o Antela encaixou un gol

A estirada do porteiro non foi suficiente
Non puido ser, no tempo de desconto o Antela encaixou un gol

Tarde importante na que despois dun partido moi igualado un erro arbitral propiciou a vitoria por 1-0 do Arnoia.

A tarde prometíase espléndida. As gradas cheas de seguidores do Antela e tamén do equipo visitante o Arnoia que viñan a Xinzo para animar ao seu equipo na pugna entre os dous equipos por levar os tres puntos que os faría a calquera deles saír dos postos de descenso.

Non puido ser

As do bombo, non pararon de animar ao equipo local

Como sempre hai que buscar un culpable, neste caso, como en moitas ocasións no fútbol, o árbitro leva as de perder. Pero o certo é que nos últimos minutos do partido o equipo visitante non saía da área do Antela. Y tanto va el cántaro a la fuente... E así foi, efectivamente dun erro arbitral que lle deu o balón preto da área ao equipo visitante por mor de que o esférico chocara contra o propio árbitro, o dianteiro do Arnoia aproveitou para lanzar a porta de tal maneira que aínda que o porteiro local fixo unha gran estirada, non chegou a parar o balón.

Equipo sénior do A.B. Xinzo apoiando ao Antela

DO DÉCIMO AO 14

Por mor de perder os tres puntos o Antela descende 4 posicións pasando a ser 14 con tan solo un punto de diferencia co seguinte clasificado por abaixo e a tan solo 3 do Verín.

MOITA XENTE E MOITOS POLÍTICOS

Moito seguidores coa alcaldesa e o concelleiro de deportes en primeira fila
Equipo de campaña do BNG en pleno
Grada central atentos ao partido
Momentos tensos do partido
O bar, no descanso tamén foi moi concorrido
única oportunidade do Antela na 2ª parte
Descanso para un refrixerio na metade da 2ª parte
Bancada parcial dos visitantes

A tarde prestábase para estar a sombra, a solicitude do Antela de acompañamento, e por suposto estando a 30 días do 28M fixo que a parte dos seguidores, que foron moitos, tamén os políticos se achegaran ata a Moreira, para desfrutar dunha tarde soleada e de paso...