Non puido ser
22:20 23/04/23
22:20 23/04/23
“O que perdoa no fútbol, acaba perdendo"
Iso lle pasou o Antela esta tarde no campo do Barbadas. Dominou durante todo o primeiro tempo, perdendo dúas oportunidades claras de gol. Nunha contra o Barbadas marcou e nese momento acabaron as opcións de empatar e menos de gañar, volvendo para Xinzo sen conseguir ningún punto, cuestión que aínda estando de 10º na clasificación están a tan solo 3 da zona de descenso.
PROXIMO PARTIDO VITAL
O próximo partido na Moreira vai a ser transcendental, case que unha final. Os branquinegros reciben ao Arnoia, que está no posto 14 pero a tan solo 3 puntos. A vitoria dos antelanos será imprescindible para seguir mantendo as posibilidades de permanencia.