As normas para as instalacións da Praza Carlos Casares

instalacións deportivas normas (1)
As normas para as instalacións da Praza Carlos Casares

instalacións deportivas normas (2)Hoxe rematouse a instalación da pista de fútbol das instalacións deportivas da Praza Carlos Casares, e esta tarde van a porse unhos carteis provisionais cas normas que haberá que respetar para facer uso delas. A intención é por unhos vinilos cas normas sobre os paneis para que todo o mundo as vexa.

Ademáis de prohibir xogar co balón fora da zona deportiva, e a restricción horaria (de 23h á 10h non se poderán usar), está prohibido xogar cando haxa eventos ou actividades na praza. Tamén se nos recomenda facer un uso adecuado das instalacións, evitar balonazos e destrozar o mobiliario, non facer moito escándalo e sobretodo, priorizar a zona deportiva a menores de 15 anos.

Unhas normas básicas para intentar manter o respeto, tanto polos veciños e a demáis xente que está alí, como respetar para quen están pensadas estas instalacións. Como se ve son unhas instalacións adicadas a que a xuventude de Xinzo teña espazos onde practicar deporte. Os mesmos carteis nos indican, o deporte é unha parte fundamental para a saúde e a educación.