O. Ferreiro
22 de agosto de 2017, 23:57
O vindeiro 9 de setembro, a partir das 20:00 horas da noitiña, terá lugar a XIII Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia. Será polas rúas máis céntricas da capital da Limia con saída e meta na Rúa de San Roque.
O prazo remata o 6 de setembro.
Dende a Concellería de Deportes, Cultura e Festexos, comandada por Luis Miguel Gil, informan de que xa está aberto o prazo de inscrición para a carreira na páxina web www.championchipnorte.com. Así mesmo, a partir do vindeiro día 1 de setembro, tamén se poderá realizar a inscripción nas oficinas do Pavillón de Deportes.
O prazo remata o 6 de setembro.