Nova data para a carreira solidaria

301
Nova data para a carreira solidaria

Martes 11 as 19:30 no Parque do Toural

O pasado venres debido ás tormentas e a chuvia intensa ao longo da tarde, suspendeuse a Xornada de Orientación de Cruz Vermella en colaboración con A.D. Limiactiva, tendo que aprazala para unha nova data que será este martes 11 de xullo ás 19.30 no Parque do Toural.

Haberá percorridos adaptados para todos os participantes dende categorías infantís ata adultos. Unha xornada divertida, onde non é preciso ter experiencia dentro desta modalidade deportiva, tan só aceptar o reto de atopar todas as balizas.

As inscripcións poderán realizarse vía online na páxina de Limiactiva www.limiactiva.com ou de forma presencial na oficina de Cruz Vermella.

Haberá un agasallo seguro para cada un dos participantes.