A nova directiva do Antela F.C reúnese para a posta en marcha da vindeira tempada

antela
A nova directiva do Antela F.C reúnese para a posta en marcha da vindeira tempada

A imaxe é a da tranquilidade que asegura que o Antela F.C ten unha directiva que lle permite seguir na Primeira Autonómica. Atrás quedou a preocupación do concelleiro de deportes, Luis Miguel Gil, tras ver que ninguén se animaba a coller as rendas do histórico club..

Á cabeza deles está o novo presidente Pepe Pérez xunto co resto de membros que compoñen o equipo que vai dirixir o club no 2016/2017. Con todo na fotografía faltan tres persoas máis que completan o grupo da directiva.

A semana pasada celebraron unha reunión para comezar coa preparación da tempada que arranca no mes de setembro.