Nova directiva do club A.B. Baloncesto Xinzo

Directiva A.B.Xinzo
Nova directiva do club A.B. Baloncesto Xinzo

Xente do propio club colle o relevo da directiva anterior, a cal lle agradecen o traballo, esforzo, dedicación e traxectoria do club.

Luis Migule Gil, ex concelleiro de deportes en varias lexislaturas, será o novo presidente en sustitución de Rosa Morales. Miguel A.López e Gabriel Mandianes serán o secretario e o tesoureiro respectivamente.

Agradecen a gran labor feita pola anterior Presidenta Rosa Morales e a súa directiva, como polo Coordinador David Fernández, durante estas últimas catro tempadas que con gran éxito dirixiron o club.

Asociación Baloncesto Xinzo, afronta a súa cuarta directiva dende que naceu en 2006; nos 15 anos de historia estivo presidida en diferentes etapas por Carlos Castro, Manolo Rodríguez e Rosa Morales; colocando áo basket de Xinzo no mapa deportivo galego.

A nova directiva afronta con gañas esta nova etapa, coa firme decisión de traballar a reo por seguir ilusionando as nenas e os nenos que queren disfrutar co baloncesto e a todas aquelas persoas que desexen xogar a este deporte. Sendo peza importante da gran oferta deportiva do noso Conello.