Este domingo, día 14 de maio, terá lugar unha nova edición da Carreira Popular de Xinzo de Limia –de 10 Km–, cun novo circuito homologado.
O novo circuito está catalogado polo expertos, segundo afirman dende a concellería de Deportes, como o máis rápido de Galicia polas súas "longas rectas, poucas curvas, ancho da estrada e bo asfaltado".
Trátase dun percorrido perfecto para aqueles corredores profesionais ou afeccionados que queiran bater as súas marcas persoais.
Novo trazado e distancia homologada nesta edición.
Nesta nova edición, a concellería –liderada polo Luis Miguel Gil– quixo darlle máis espectaculariedade á carreira "apostando por este novo trazado e homologando oficialmente a distancia".
O prazo de inscripción está aberto até mañá xoves pola noite. Aqueles rezagados que aínda non se inscribiran, poden facelo na seguinte ligazón: https://championchipnorte.com/evento/detalle/page/2/id/1175/carreira-popular-xinzo-de-limia-2017
Os horarios da carreira, segundo categorías son os seguintes:
CARREIRA ABSOLUTA
10:40 h - nacidos no 2001 e anos anteriores.
CARREIRAS DE MENORES
12:00 h - Infantil e Cadete: 1900 m.
12:20 h - Benxamín e Alevín: 930 m.
12:35 h - Prebenxamín (2010 e 2011): 350 m.
12:45 h - Pitufos: 150 m.
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados e medallas para os 4º e 5º de cada categoría, excepto na categoría Pitufos, onde haber´a medallas para todos os participantes.