Nova final da Copa Deputación de futbol sala cun equipo de Xinzo

IMG-20190603-WA0005
Nova final da Copa Deputación de futbol sala cun equipo de Xinzo

Óptica Prieto P.Tinto Futbol sala enfrontarase a “Os Peares”

Este sábado no pavillón dos Remedios de Ourense ó P.Tinto F.S. Óptica Prieto enfrontaráse ao equipo de Os Peares para disputar un ano máis a final da copa Deputación.

SUBCAMPIÓNS NA LIGA REGULAR

Na liga regular o equipo de Xinzo quedou subcampeón detrás do seu eterno rival Escornaboys, ao cal eliminou na copa.

Esta será a cuarta edición nos últimos anos nos que o equipo de futbol sala de Xinzo disputa a final, sempre ante os do Peares, gañando en dúas delas. Nesta ocasión o equipo chega en moi boa forma físcia e coa moral moi alta despois de eliminar en cuartos ao equipo campión na liga regular.

O equipo representante da Limia espera estar apoiado de moitos xiareiros este sábado en Ourense, aínda que nestes momentos non está definida a hora do encontro.