NOVAS INSTALACIÓNS PARA O XIMNASIO DA PISCINA CLIMATIZADA

IMG_3667
NOVAS INSTALACIÓNS PARA O XIMNASIO DA PISCINA CLIMATIZADA

IMG_3667O Concelleiro de Deportes Luís M. Gil aproveitou o acto de presentación do Esquecemento 2017 para anunciar una achega de 20.000 € por parte da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para facer unas novas instalación na parte superior da piscina climatizada para a instalación do equipamento do ximnasio que actualmente está nos baixos do edificio.

A obra consistirá no acristalamento desta última planta co cal os que vaian ao ximnasio, por unha banda terán vistas ao campo e pola outra estarán vendo a propia piscina.

OBRA REITERADAMENTE SOLICITADA

Esta era una actuación reivindicada polos mais de 1000 usuarios que ten estas instalación en total e sobre todo polos que dia a dia utilizan as instalación propias do ximnasio, que son moitos.

Con esta achega farase a obra civil e o próximo ano esperan con presupostos do propio concello renovar e aumentar as máquinas existentes.

O próximo paso será a adxudicación da obra a una empresa e esperase que antes de que finalice o ano este xa totalmente rematada.