As Novas Xeracións de Xinzo organizan unha nova edición do torneo solidario de fútbol sala

sala
As Novas Xeracións de Xinzo organizan unha nova edición do torneo solidario de fútbol sala

Os partidos son a finais de marzo e as inscricións fanse con alimentos non perecedoiros

Un ano máis as Novas Xeracións de Xinzo poñen en marcha o torneo solidario de fútbol sala. As categorías son sub-16, femenina e afeccionados. Os encontros disputaranse no pavillón de deportes o 26 e 27 de marzo.

As inscricións fanse mediante a entrega de alimentos non perecedoiros. No caso da sub-16 e femenino, terán que aportar 15 quilos, na categoría de afeccionados 30. Para anotarse poden facelo póndose en contacto co presidente das Novas Xeracións, José Antonio Parente, no teléfono 606 19 08 89.

Os alimentos que se recauden teñen como destino Cáritas da parroquia de Xinzo de Limia.

Ó remate do torneo entregaranse uns galardóns para os tres primeiros de cada modalidade e a parte, un premio ó máximo goleador ou goleadora, e outro á porteira ou porteiro menos goleados.