NOVIDADES NA MOREIRA

IMG-20200118-WA0001
NOVIDADES NA MOREIRA

A rei morto, rei posto. O Antela contará con adestrador novo este domingo ante o enrachado Loñoá. Julio Rodríguez e Moncho Barxe volven á disciplina antelista cumprindo o eterno retorno de Friedrich Nietzsche. Fano de forma interina mentres o club non atopa outro "coach". Fontes achegadas o club apuntan a que podería manterse no cargo se o equipo remonta o voo. Julio Rodríguez apunta "nestes tempos convulsos axudo ó Antela porque a directiva e o club ben o merecen".

Por outra banda o club presentou este sábado unha nova fichaxe. Trátase dun central de 1'92 que procede do Sp. Celanova. Pope xogou anteriormente no Melias e no Valenzá onde gañou a copa deputación ante o Barco.

IMG-20200118-WA0001