Novidades no once titular e cambios na formación tras unha semana de lesións

antela xuvenil
Novidades no once titular e cambios na formación tras unha semana de lesións
DAVID FERNÁNDEZ Barbadás- Antela (Xuvenís) (2-1) Antela: POR Julián; DF Carlos, Lama, David Sotelo, Raúl; MC Forri, Santi; EX Domi, Diego;DC Iago e Rubén Cambios: Pake entrou...
DAVID FERNÁNDEZ Barbadás- Antela (Xuvenís) (2-1) Antela: POR Julián; DF Carlos, Lama, David Sotelo, Raúl; MC Forri, Santi; EX Domi, Diego;DC Iago e Rubén

Cambios: Pake entrou por Ruben (DC) José por Diego (EX) Lama mancado retirouse por Fernández, que pasou a meirande parte da semana lesionado (DF) e Rafa por Carlos (LTD).

Goles: 1-0 Diego. 1-1 Pablo Bande. 2-1 Xoel Castro.

Os Cadrís

Na primeira parte os nosos dominaron o balón tocando e contando con varias ocasións. O gol chegaría tras unha xogada elaborada dos nosos centrocampistas que acabaría nunha boa parada do porteiro rival, pero o noso dianteiro Rubén, atento en todo momento recollería o rechace, e pasou a Diego para que este rematara a pracer. Antes do descanso, nun centro dende a banda e nun erro defensivo da nosa defensa, o dianteiro do Barbadás Pablo Bande remataría de cabeza ao fondo da portería.

Na segunda parte marcados polo cansazo, baixamos o ritmo e o balón pasou a estar en mans do Barbadás aínda que non tivemos sorte con dous balóns que se estrelaron no longueiro, e posteriormente en dúas paradas incribles do porteiro local. No minuto 80 tras un rápido contrataque do Barbadás o árbitro sinalou man na area do Antela, e penalti a favor do Barbadás, Xoel Castro realizaría a balón parado o 2-1 para os locais. Nos minutos finais volcámonos arriba pero nada, os 3 puntos quedaron en Os Carrís (Ourense).