Novo derbi na Moreira

IMG-20191005-WA0007
Novo derbi na Moreira

Ás 17:30

O Antela recibe este domingo ó Monterrei. Será un partido de máxima rivalidade con vellos coñecidos en ambas escadras. Luís Méndez e Nacho volven ó estadio onde se criaron, alén de Tractor que xa vestiu a branquinegra. Andrés González, Juáncar, Breixo, Yago Armada, Joni e Pedro tiveron pasado no equipo de Albarellos. Son baixas no cadro de Miguel Alonso, Juan Forri por sanción e Modou por viaxe familiar. Quedan fóra da convocatoria José Ángel e Pablo Forri. Os visitantes chegan con todos os xogadores e podería debutar o dianteiro portugués Edu. Agárdase moito ambiente nun derbi que se presume igualado, na Moreira ás 17:30