O novo marcador non trouxo a vitoria pero si o empate

Antela- Valladares
O novo marcador non trouxo a vitoria pero si o empate

O Antela desperdiciou na 2ª parte o traballo feito na primeira

A tarde estaba magnífica a afección do Antela disposta para ver o primeiro triunfo da temporada do seu equipo, e nos primeiros 60 minutos todo parecía que se ía a conseguir.

Antela 1
Afección do Antela

Nos primeiros 45 Tumbeiro marcou o primeiro gol local e a pasa de Poli, Villar logrou subir o 2-0 ao novo marcador, e a punto estivo de chegar o terceiro.

Os xogadores do Valladares seguiron calmados pero non así os do Antela que se lles facía costa arriba manter o control do balón, cando solo faltaban 30 minutos para o final. Pero neses 30 minutos chegou o primeiro visitante nun contragolpe e o segundo cun fallo do porteiro local. Os nervios seguían subindo, moitas interrupcións por faltas e tiróns dos xogadores locais que vían que a remontada era difícil. O adestrador local, tamén se desesperaba ante a non eficacia dos seus, encarándose varias veces ao “liña”, ata que o árbitro lle ensinou unha tarxeta, mandando ao seu sitio.

Antela 4
O calor fixo que os xogadores "romperan"

A afección saíu protestando e esperando a ver que pasa na seguinte saída.

Antela3
Momento dos goles do Valladares

Nunha segunda parte bastante bronca destacou a tranquilidade, sosego e trato cara os seus xogadores por parte do adestrador do Valladares que en ningún momento tivo necesidade de elevar o tono nin a “gerga”. Ou sexa, unha “rara avis”, nun campo de fútbol destas categorías.

Tarxeta e apercivimiento ao adestrador local