O Antela co 25N

O Antela co 25N

O Antela FC quere visibilizar a loita das mulleres contra a lacra da violencia machista abríndolle as portas da Moreira.

O clube de fútbol limiao é consciente da gravidade do tema e quere facer da Moreira tamén un espazo seguro e cómodo para tódalas mulleres.

A través da colaboración con diferentes colectivos da comarca activos no acompañamento socioeducativo con mulleres, o Antela ofrece entradas de balde para as mulleres que formen parte destas asociacións no partido contra o Xuvenil de Ponteareas correspondente á duodécima xornada da Preferente Sur que será ás 16.00.

O Antela lanza esta iniciativa da man das Asociacións de Mulleres Rurais, do proxecto Hypatia do Concello de Xinzo de Limia, do clube Xinzo Feminino, do AB Xinzo, do Centro de Información Xuvenil da Limia (CiX) - dependente do CDR O Viso-, entre outros.