O “derbi” quedouse en Bande

46191334_574858769617006_2721906326652321792_o
O “derbi” quedouse en Bande

Derrota "in extremis" 3-2

Sexta derrota da tempada nun derbi vibrante.
O partido comezaba con ambas escuadras tratando de non cometer erros. Os antelistas trataban de castigar os posibles fallos banduenses. Así naceu o 0-1. Erro de Galass aproveitado por Carlos que asistiu a Xoel. Gol moi festexado pola bancada. A ledicia durou pouco. Penalti de Javi transformado por Alejandro Blanco. Ó intervalo 1-1

46193256_574858819617001_7769530602205741056_nNa segunda a profundidade de plantel notouse e o Bande empurrou ata conseguir o 2-1 da man de Hugo, cun golazo dende a frontal. No 85 chegou o empate nunha cabalgada de Xoel, que provocou un estoupido na bancada.

Parecía que o Antela arrincaría un punto do Outeiro. Porén, no 90 chegou a vitoria blanquivioleta nun gol de falta do mellor xogador no campo. Sebas deulle tres puntos ós locais

Derrota das que doen pero que nos fai máis fortes.

Cen persoas acudiron a Bande para animar todo o encontro. Afección de 10 a pesar de ir últimos. O Bande levou os puntos pero no tocante aos afeccionados non hai quen gañe ao Antela.