domingo. 24.09.2023

Ourense acollerá as eliminatorias do Campionato de Galicia de Boxeo promesas, mañá sábado, 19 de outubro, no anexo do Pazo dos Deportes “Paco Paz”. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o delegado en Ourense da Federación Galega de Boxeo, Manuel Míguez; e os boxeadores, David Novoa e Yago Outeiriño.

A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva que reunirá a deportistas de Ourense, Vigo, Santiago de Compostela, Marín, Noia e Salceda de Caselas, que protagonizarán oito combates do Campionato Galego, explicou Rosendo Fernández. Ademais competirá o recente campión galego junior Yago Outeiriño do Club Olimpos e reaparecerá despois dun ano Manuel Jiménez “Nono”.

Pola súa parte, Manuel Míguez lembrou a importante traxectoria que ten o boxeo en Ourense e salientou os valores asociados ao deporte como “o sacrificio, a disciplina e a saúde”. A velada comezará ás 20.00 horas e o prezo das entradas será de 10 euros, estando habilitadas un total de 250 prazas.

Ourense acollerá as eliminatorias do Campionato de Galicia de Boxeo promesas